Só eran uns minutos. Pero conseguía sacarlle sorrisos aos máis pequenos, que algúns tirasen de móbil para tomar fotografías e mesmo xurdían comentarios como que “nos adiantamos a Vigo”. Contra as sete e media da tarde deste 15 de novembro facíase un acendido de proba dalgunhas das luces de Nadal que ao longo desta tarde se ían colocando en diferentes puntos da vila do Barco.

Este breve adianto, permitía descubrir como vai ser parte desta iluminación en puntos céntricos da vila como as rúas Eulogio Fernández, Conde Fenosa, Estación ou mesmo nas prazas do Concello e do Príncipe.
Fotos: O SIL.