Cunha clase moi entretida, interesante e diferente iniciaba a semana o alumnado CPI Tomás Terrón Mendaña de Sobradelo (Carballeda de Valdeorras). Cambiaban as aulas pola natureza e os cardernos e bolígrafos polas árbores e unha serie de niños para paxaros. Un grupo de escolares deste centro, acompañado por docentes, participaba nunha fermosa e orixinal iniciativa de educación ambiental promovida polo Concello de Carballeda de Valdeorras.

Os nenos convertíanse na mañá do 31 de marzo en protagonistas á hora de colocar unha serie de casiñas para o aniñamento de aves no municipio, en colaboración co obradoiro municipal. Comezaban este singular percorrido no Malecón, despois achegábanse á zona das piscinas municipais, logo ao parque e, finalmente, a a actividade remataba no pavillón onde os rapaces desfrutaban dunha merenda.

Sen dúbida, unha xornada escolar distinta, marcada pola aprendizaxe ao aire libre, pero sen esquecer a parte lúdica. “Os nenos participaron e desfrutaron moito”, destaca satisfeita a alcaldesa de Carballeda, María Carmen González, recoñecemento tamén o labor do Departamento de Servizos Sociais municipal nesta iniciativa.
Fotos cedidas.
