
A Consellería do Medio Rural vén de informar dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Carballeda de Valdeorras, parroquia de Casaio.
O lume iniciouse ás 06.16 horas de hoxe e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 2 técnicos, 5 axentes, 11 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 1 unidade técnica de apoio, 8 helicópteros e 1 avión.