Chandrexa de QueixaConcellosÚltima hora

Activo un incendio forestal en Parafita (Chandrexa de Queixa)

O lume iniciouse ás 00.58 horas da noite de hoxe e segundo as últimas estimacións supera as 20 hectáreas

Incendio dun verán anterior en Chandrexa de Queixa./ Foto: Brif Laza.

 

A Consellería do Medio Rural vén de informar dun incendio forestal activo arestora no concello ourensán de Chandrexa de Queixa, parroquia de Parafita.

O lume iniciouse ás 00.58 horas da noite deste venres e segundo as últimas estimacións provisionais afecta unha superficie de máis de 20 hectáreas. Para a súa extinción mobilizáronse polo de agora 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 4 motobombas, 1 pa, 2 helicópteros e 3 avións.

Back to top button