“Concerto Económico: Galiza coa chave dos seus cartos” era o título do acto público organizado polo BNG en Valdeorras na tarde do 29 de novembro. A deputada nacionalista por Ourense no Parlamento de Galicia, Noa Presas, explicaba os motivos polos cales Galicia perde co actual sistema de financiamento, tamén que o modelo que defende o BNG nese senso “o concerto económico”, que suporía para a poboación galega contar con e reivindicaba “rachar co mito da dependencia”.
No acto, que tiña lugar na Casa do Concello da Rúa, tamén participaba a súa alcaldesa, María G. Albert.
Fotos cedidas.