Andainas-Trails-OrientaciónDeportes

Adestramento nº 8 e xornada de portas abertas de “OUR-ientación”, o 27 de setembro no Salgueiral (O Barco)

Orientación no Salgueiral, no Barco./ Foto cedida.

 

O club Our-O vai retomando gradualmente os adestramentos para que tanto nenos como adultos desfruten do deporte da orientación. Así, a próxima cita de “OUR-ientación”, adestramento nº 8 e tamén xornada de portas abertas, será o domingo 27 de setembro a partir das 11 horas na Área Recreativa O Salgueiral, no Barco de Valdeorras.

Tal como explican dende o propio club Our-O, esta actividade busca dar a coñecer o deporte de orientación e está dirixida aos socios pero tamén ao público en xeral e familiar, estando recomendada a partir de 9 anos (2017). “Os menores desa idade terán que asistir e facer a actividade xunto cos seus pais”, di Pablo, adiantando que exercitarán o corpo e a mente baixo o lema habitual “Primeiro pensar e logo correr”.

A inscrición é de balde na ligazón https://forms.gle/G8Fz2tS1p4NBCCVZ6 ata o xoves 24 de setembro ás 22 horas. “Ás persoas que non dispoñan de licenza federativa de orientación tramitarémoslle un seguro de día obrigatorio para poder realizar a actividade, grazas a colaboración dos nosos patrocinadores”, adiantan dende o club.

 

Back to top button