ConcellosÚltima hora

Adxudicadas as obras de mellora do firme na OU-113, OU-114, OU-310 e OU-311

Estas estradas pasan polos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio. _ As obras comezarán en abril e contan cun prazo de execución de 6 meses

 

A Xunta adxudicou por 1.055.626 euros as obras para a execución da mellora do firme nas estradas da provincia de Ourense OU-113, OU-114, OU-310 e OU-311, nos concellos da Mezquita, Castrelo do Val, Laza, Sarreaus, Verín, Vilardevós e Vilar de Barrio. As intervencións obxecto deste contrato comprenderán a mellora e acondicionamento do firme nestas catro estradas autonómicas da provincia ao seu paso polos sete municipios.

Os traballos, adxudicada á empresa Extraco Construccions e Proxectos, S.A., comezarán previsiblemente na primeira quincena de abril, en función das condicións meteorolóxicas. Os traballos contan cun prazo de execución de 6 meses.

Máis concretamente, as obras consistirán na rehabilitación superficial do firme das vías autonómicas mediante o seu fresado e reposición, completando as intervencións co repintado da sinalización horizontal.

Ademais, inclúense outras actuacións adicionais, como a limpeza e reperfilado das marxes das estradas e a execución de gabias de seguridade. Os terreos necesarios para a execución das obras pertencen ao dominio público das estradas, polo que non será necesario expropiar novos terreos.

Plano cos treitos das estradas obxecto das obras que se acaba de adxudicar:

Artigos relacionados

Back to top button