EconomíaEconomíaÚltima hora

AEVA doa a Disvalia 400 euros recadados na campaña solidaria do Nadal

A presidenta de AEVA, Araceli Fernández./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

A Asociación de Empresarios de Valdeorras (AEVA) concluíu con éxito a súa campaña do Nadal solidaria “AEVA Aposta x Valdeorras”, logrando recadar fondos significativos para apoiar a persoas con discapacidade da asociación: “Persoas con Discapacidade de Valdeorras DISVALIA”. En total o recado eran 400 euros.

A presidenta de AEVA, Araceli Fernández del Palacio, fixo entrega da recadación, produto da xenerosidade dos establecementos participantes na campaña e a poboación solidaria.

“AEVA é unha entidade comprometida co desenvolvemento económico e social da comarca sendo a campaña unha mostra do compromiso da asociación coa comunidade local na procura de facer unha diferenza positiva na vida daqueles que máis o necesitan unindo esforzos para xerar un impacto positivo nas persoas con discapacidade e na sociedade en xeral”, segundo indica a propia a asociación, cuxa presidenta expresa o seu agradecemento a todos os participantes que fixeron posible esta iniciativa.

Artigos relacionados

Back to top button