SanidadeÚltima hora

Afaor recibe 12.000 euros para financiar obradoiros de estimulación cognitiva

Publicidade
O proxecto da asociación ourensá resultou elixido nunha convocatoria de axudas promovida por DKV Seguros
Blanco e Díaz, esta mañá, na sucursal de DKV Seguros en Ourense, na firma do convenio e entrega do talón. // Foto: S.F.
Blanco e Díaz, esta mañá, na sucursal de DKV Seguros en Ourense, na firma do convenio e posterior entrega do talón. // Foto: S.F.

A Asociación de Familiares de Enfermos e Alzheimer e outras demencias de Ourense (Afaor) vén de recibir unha axuda económica de 12.000 euros por parte de DKV Seguros. Así se puxo de manifesto esta mañá tras a firma dun convenio entre ambas entidades, un acto que levaron a cabo a presidenta de Afaor, María de los Ángeles Blanco, e a directora da sucursal de DKV Seguros en Ourense, Begoña Díaz.

Imaxe do equipo de DKV Seguros en Ourense con membros de Afaor, co talón doado ao colectivo.
Imaxe do equipo de DKV Seguros en Ourense con membros de Afaor, co talón doado ao colectivo.

A axuda enmárcase dentro dunha convocatoria pública promovida por DKV Seguros que elixe a aqueles proxectos sociais e medioambientais máis destacados e nos que Afaor resultou ser un dos seleccionados. “É unha asociación que ten un equipo e este é un recoñecemento ao voso traballo”, expuxo Díaz, tras a entrega do talón á representante de Afaor. Lembrou tamén que esta é a terceira vez que a empresa colabora coa asociación.

Pola súa banda, Blanco agradeceu a DKV a súa axuda que, segundo dixo, “fai posible que os nosos programas atendan a máis de 70 persoas cada día”. O proxecto de Afaor foi un dos nove elixidos, dun total de 103 de toda España.

Artigos relacionados

Back to top button