ConcellosManzanedaÚltima hora

“Agradecemos o gran apoio da xente que nos acompañou e imos loitar ata o último momento”

Secundino e Luis Domínguez, afectados polo baleirado sanitario na súa explotación gandeira em Palleirós (Manzaneda), daban as grazas pola asistencia á concentración desta mañá

 

Finalmente lograban paralizar, polo de agora, a marcaxe das vacas da súa explotación para o seu sacrificio. Pero só polo momento, xa que está prevista unha nova visista dos veterinarios a comezos da próxima semana para proceder a esa marcaxe. Os responsables da explotación de Palleirós (Manzaneda), afectada por un baleirado sanitario ao dar positivo en tuberculose bovina tres das súas reses, amosan o seu agradecemento ao gran número de produtores do sector primario de diferentes zonas da provincia de Ourense e tamén da veciña de Lugo que neste mediodía se achegaban a Palleirós para concentrarse como mostra de apoio.

“Estamos moi agradecidos a toda a xente que acudiu. Conseguimos paralizar o marcado dos animais e a ver se, a través disto, conseguimos tamén falar co conselleiro do Medio Rural e co xefe territorial para parar este baleirado sanitario e outros baleirados sanitarios que se poidan orixinar en toda a comunidade autónoma galega nos próximos saneamentos que haxa cos seus conseguintes resultados. Isto supón unha perda grandísima para calquera gandeiro que teña que asumir un baleirado sanitario xa que nunca van chegar a pagar o que realmente vale o gando”, asegura Secundino Domínguez.

 

 

Ademais estes gandeiros aseguran que non se van rendir. “A nosa intención é loitar ata o final porque se neste momento, no que notamos a presión da Xunta, cedemos, pois finalmente non imos conseguir nada e cando haxa outro baleirado sanitario vano terminar conseguindo. Cando presionan ao gandeiro acaban conseguindo o que eles queren e nós imos loitar ata o último momento”.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Máis información:

Multitude de gandeiros e agricultores de Ourense e Lugo concéntranse en apoio da granxa de Palleirós (Manzaneda) afectada por un baleirado sanitario

Artigos relacionados

Back to top button