ConcellosEconomíaEconomíaEn portadaÚltima horaVídeos

Multitude de gandeiros e agricultores de Ourense e Lugo concéntranse en apoio da granxa de Palleirós (Manzaneda) afectada por un baleirado sanitario

Finalmente esta mañá evitábase o marcado da res para ser sacrificada no matadoiro, que queda aprazado ata a vindeira semana

 

Multitude de gandeiros e agricultores procedentes de diferentes partes da provincia e tamén de Lugo concentrábase a partir das 11h. desta mañá de 15 de marzo xunto á explotación de gando vacún de Palleirós (Manzaneda), afectada por un bailerado sanitario ao dar positivo en tubercoluse bovina durante a campaña de saneamento tres das súas reses. Deste xeito querían amosar o seu apoio aos produtores afectados, os irmáns Secundino e Luis Domínguez, e tamén frear a marcaxe das vacas para o seu sacrificio, prevista para este mediodía.

Unha vez que os veterinarios marcharon, informándoo aos gandeiros de que voltarán a primeiros da semana que vén para realizar a marcaxe, soaba un forte aplauso. Despois, un representante do Sindicato Labrego Galego, Anxo Pérez Rúa, procedía a dar lectura a un manifesto, que se iniciaba amosando o seu apoio aos afectados “porque hoxe os servizos oficiais da Consellería do Medio Rural obrígalles a sacrificar a todos os seus animais para realizar un baleirado sanitario de toda a explotación, sen máis criterio que o positivo de tres exemplares no cultivo de laboratorio e en matadoiro”, unha decisión que cualificaban de “drástica” e “ata o día de hoxe os animais que van ser sacrificados en anteriores probas de saneamento deron todos negativo. Queremos denunciar que se van sacrificar animais totalmente sanos, simplemente por criterios propios dos servizos veterinarios oficiais, simplemente por sospeitas de que poderían contar a enfermidade de tuberculose, sen máis criterios que a súa propia intuición”.

 

 

Neste senso, o manifesto pedíalle á administración que “se tomen medidas previas de estudo e análise, antes de adoptar unha medida tan gravosa para unha explotación gandeira como é o baleirado sanitario porque a administración ten marxe dentro da legalidade para facer as probas que determinen que animais están contaxiados e, no seu caso, proceder ao seu sacrificio”. En, base a esa falta de estudos pormenorizados sobre a situación, Pérez Rúa comentaba que “non sabemos se a tuberculose está no entorno, se está de forma latente na cabana gandeira da propia explotación ou de explotacións lindeiras, se pode provir doutras especies distintas de vacún ou se está presente na fauna salvaxe, como pode ser o xabarín, corzo, teixugo, etc. E, polo tanto, hoxe estamos en Palleirós para denunciar esta falta de rigor por falta dos servizos veterinarios oficiais, dado que prefiren adoptar medidas cómodas e sen máis esforzo que asinar papeis. E non nos vale a escusa de que teñen que seguir os protocolos que lles impón o ministerio, porque estes protocolos tamén din que se poden permitir outras vías antes de admitir medidas tan drásticas como o baleiro sanitario. Estou seguro de que esta situación non se permitiría se se mantivese o saneamento gandeiro anual que a propia Consellería do Medio Rural retirou como medida de aforro de custes”.

 

 

Así mesmo, no manifesto incidíase en que “queremos ter as mesmas oportunidades e os mesmos privilexios que teñen outras comunidades autónomas limítrofes como Castela e León, con prevalencias moi superiores a Galicia e con peor clasificación sanitaria. Se esta explotación estivera a uns quilómetros de aquí, en Zamora, tan só se sacrificarían os animais enfermos e os sans faiselles un seguemento pormenizado pero sen chegar a esta situación tan dramática de baleiro sanitario”. E concluía que “hoxe queremos impedir que se marquen os animais e que se revoquen as notificacións actuais de baleirado sanitario ata que non se adopten antes outras medidas e que se lle volvan facer novas probas”. Así mesmo falaba das indemnizacións existentes para a reposición de animais e de lucro cesante, “que son ridículas”.

 

 

Finalmente, facíase un acordo asembleario cunha serie de puntos, que lía publicamente e mesmo se ían modificando, para enviarllo á Consellería do Medio Rural porque “hoxe tocoulle a este compañeiro e calquera outra explotación pode estar na mesma situación dentro de pouco”.

 

 

Ademais Pérez Rúa anunciaba que unha posible reunión coa Consellería do Medio Rural para manter unha xuntanza cos gandeiros afectados, “porque queremos paralizar o tema do baleirado sanitario. Se non o conseguimos o martes, que virán os veterinarios, teremos que estar aquí outra vez”. Algo ao que asentían os presentes.

 

Ao final da concentración, Secundino Domínguez, en nome da súa familia, expresaba o seu agradecementos aos gandeiros e agricultores presentes “que viñestedes aquí a apoiarnos, sentímonos moi apoiados e seguiremos loitando e onde teñamos que ir nós que fagamos falta, aí estaremos nós tamén”.

Entre os asistentes estaban os alcalde sde Manzaneda e do Bolo e o deputado provincial Aurentino Alonso.

Fotos e vídeos: Carlos G. Hervella.

 

 

“Agradecemos o gran apoio da xente que nos acompañou e imos loitar ata o último momento”

Artigos relacionados

Back to top button