ConcellosManzanedaÚltima hora

Rescatan a un pescador que permaneceu illado durante a noite pola crecida do río, no municipio de Manzaneda

 

Na mañá deste mércores 24 de abril un pescador tiña que ser rescatado logo de permanecer durante a noite illado no municipioi de Manzaneda.

“Despois de saír da zona, o home indicou que se atopaba ben, sen ningún tipo de dano”, indican dende o 112 Galicia, explicando que o pescador quedou illado próximo á marxe do río Bibei, na parroquia de Cesuris. “O varón chamou ao 112 Galicia minutos antes das 8:00 horas desta mañá para indicar que non daba saído da zona, onde se atopaba desde onte debido á crecida do caudal do río”, din dende desde a Sala de Operacións do 112 Galicia que pasaban o aviso ao GES de Castro Caldelas, Garda Civil de Ourense e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Manzaneda e de Larouco.

“A crecida do caudal, motivada pola apertura de comportas dunha central situada no lugar, fixo que desde o 112 Galicia se informase tamén á empresa xestora da presa para pechala e así posibilitar o rescate do pescador”, indican, engadindo que logo de esperar a que as augas volvesen ao seu nivel, “o home puido regresar xunto cos membros da Garda Civil sen que houbese que lamentar ningún dano”.

 

Artigos relacionados

Back to top button