ConcellosÚltima horaVilamartín

Vilamartín de Valdeorras lembra aos nenos falecidos no accidente do autobús escolar hai 47 anos

 

O 19 de abril de 1977 producíase un terrible accidente de tráfico en Valdeorras no que falecían 13 persoas. Ás 14:35 horas dese fatídico día caía por un terraplén o autobús escolar que levaba aos nenos ao colexio dende Vilamartín ata A Rúa.

Ese tráxico accidente no que falecían 12 nenos de entre seis e catorce anos e tamén o condutor, conmocionou a toda a comarca converténdose nun val de bágoas, e dun xeito moi especial aos veciños de Vilamartín e San Miguel de onde eran os cativos.

 

 

Ninguén destas terras borrará xamais da súa mente o acontecido, unha traxedia que destruíu familias enteiras e, cada ano por estas datas celebran unha misa de aniversario, a excepción do ano de pandemia de Covid, en lembranza deses cativos falecidos e das súas familias, á que asisten os veciños entre eles algúns dos superviventes que aseguran lembrar ese día coma se fose onte.

 

Placa cos nomes dos falecidos, colocada a carón da igrexa no 2017, cando se cumprían 40 anos do accidente.

 

Este 2024 non foi unha excepción e a misa das 20 horas deste venres 19 de abril estivo oficiada polo párroco, Javier Calvo, foi na súa memoria.

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

 

Artigos relacionados

Back to top button