En portadaSanidadeÚltima hora

O oncólogo valdeorrés Jesús García, ganador do Premio de investigación Cabaleiro Goás, do Colexio Médico de Ourense

Por un traballo sobre “Avaliación do impacto en práctica clínica real do tratamento adyuvante con Trastuzumab en pacientes con cancro de mama precoz HER 2 positivo”

O doutor valdeorrés Jesús García Mata.

 

O martes 23 de Abril ás 19 horas terá lugar na sede do Colexio Médico de Ourense a presentación dos Premios Científicos 2023. O gañador do XXXIX Premio Cabaleiro Goás foi o doutor valdeorrés Jesús García Mata, do Servizo de Oncoloxía Médica ourensán, polo traballo de investigación titulado “Avaliación do impacto en práctica clínica real do tratamento adyuvante con Trastuzumab en pacientes con cancro de mama precoz HER 2 positivo”, que demostra revisando as historias clínicas en 10 hospitais españois o importante beneficio nestas pacientes deste fármaco que cambiou a historia natural da súa enfermidade.

O gañador do XXIX Premio de Publicacións Científicas, que valora os traballos presentados nas revistas internacionais de alto impacto polas/os médicas/os ourensás/os, foi o Dr. Pablo Vidal Cortés da Unidade de Coidados Intensivos do CHUO, por un traballo multicéntrico publicado en “The Lancet Microbe”, no que participaron 23 hospitais españois, que demostra a relación entre a carga viral por SARS-CoV-2 e o prognóstico dos pacientes ingresados en UCI por esta infección. O que suxire que a carga viral pode ser empregada para seleccionar pacientes en futuros ensaios clínicos ou para tratamentos específicos (antivíricos, dispositivos de depuración de compoñentes víricos do plasma…).

“Este ano como os anteriores presentáronse ao premio moitas publicacións de gran valor científico, o que demostra o alto nivel en investigación das/os médicas/os ourensás/os. Nese sentido o xurado decidiu conceder un accésit a outro traballo multicéntrico publicado en “Annals of Internal Medicine” no que participou a doutora Sara Zarraquiños Martínez do Servizo de Dixestivo do CHUO que estudou a 3213 suxeitos con sangue oculto en feces positiva aos que se realizou unha colonoscopia convencional ou asistida por intelixencia artificial (IA) para a detección de lesións colónicas avanzadas, no que a IA non demostrou mellorala, concluíndo que é necesario o perfeccionamento desta tecnoloxía para obter mellores resultados clínicos”, tal e como informan dende a xunta directiva do Colexio Médico de Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button