A meteoroloxía non acompañou no primeiro de maio deste 2024, Día do Traballo. Choveu, caeu sarabia e fixo frío pero iso non impediu a tradicional celebración do San Xil Vello na capela situada no monte, preto do Teixadal de Casaio, no concello de Carballeda de Valdeorras.
Os romeiros refuxiábanse das inclemencias na propia capela e na casa do lado. “O tempo deixounos sacar a procesión choviñando e despois marchou moita xente pero os que quedamos pasámolo moi ben, comimos e bailamos recollendo cara as sete da tarde”, di un dos incondicionais da celebración, destacando que foi un día entre “amigos, veciños e forasteiros”.
Videos da procesión e do xantar na capela:
https://youtube.com/shorts/raYF4Q7sB-E?feature=share
https://youtube.com/shorts/Cticl5pQvvE?feature=share
https://youtube.com/shorts/BnJFULrOibs?feature=share
Fotos e vídeos cedidos.