ConcellosGalerías de fotosLaroucoÚltima horaVídeos

Unha animada Festa do Cordeiro reúne a máis de 600 persoas en Larouco

 

Cunha gran animación e numerosa asistencia Larouco celebraba no no mediodía deste sábado 27 de abril a XVII edición da Festa do Cordeiro na que un ano máis e no horario habitual, a gastronomía e a música eran os grandes protagonistas.

 

 

Máis de 600 persoas asistían ao xantar popular no pavillón municipal, servido unha ves máis por Mantesil, cun menú a base de entremeses, empanada, cordeiro con ensalada e patacas asadas, bica, café e chupitos.

 

A alcaldesa de Larouco, Patricia Lamela.

 

A música é outro dos factores a ter en conta nesta xuntanza gastronómica que nesta ocasión contou con animación a cargo do dúo Maratón e das Macizas Centrais que poñían a nota tradicional. Para os nenos había colchonetas gratis e un obradoiro de manualidades co cordeiro como protagonista.

Igual que o ano pasado, o  pavillón acollía varios stands con produtos locais, dende pan ou viño, ata castañas, entre outros…

 

 

Con respecto aos asistentes, a esta XVII edición da Festa do Cordeiro de Larouco acudían numerosas autoridades políticas, entre elas a conselleira do Medio Rural, María José Gómez Rodríguez; o presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor; o director da Axencia de Turismo de Galicia, Xosé Manuel Merelles; a xerenta do Inorde, Emma González; o novo delegado da Xunta en Ourense, Manuel Pardo Cid; e numerosos alcaldes e representantes dos concellos da comarcas de Valdeorras e Terras de Trives, entre outros.

 

 

Fotos e vídeos: Mónica G. Bellver.

 

Artigos relacionados

Back to top button