ConcellosEn portadaGalerías de fotosÚltima horaViana do Bolo

As mascaradas da península ibérica toman Viana do Bolo

A vila acollía esta tarde un multitudinario desfile do IX Festival Internacional Mascarada Ibérica

 

Multitude de enmascarados tomaban a vila de Viana do Bolo na tarde deste sábado 27 de abril. Medio cento de celebracións de inverno de diferentes puntos da península, e mesmo unha italiana, despregaban os seus rituais polas rúas da vila no desfile do IX Festival Internacional Mascarada Ibérica.

 

Este desfile iniciábase no campo da feira, seguindo polas rúas Toural e San Roque ata chegar á praza Maior e rematar na rúa das Mazairas. Era seguido por multitude de persoas, entre elas autoridades como o alcalde de Viana, o presidente da Deputación de Ourense ou o director da Axencia de Turismo de Galicia.

 

 

 

O desfile comezaba ás cinco da tarde e abríao a Asociación Xuntos polo Fulión de Vilariño de Conso, a partir de aí seguían medio cento de mascaradas, boa parte delas Entroidos da provincia de Ourense (con figuras como as Bonitas de Sande, os Boteiros de Viana, os Cigarróns de Verín, as Pantallas de Xinzo, os Felos de Maceda, o Entrudio da Veiga, os Felos e Madamas de Esgos, os Fulión e as Mázcaras de Buxán-O Bolo, os Galos de San Pedro da Mezquita, os Labardeiros e as Señoritas de Mugares, as Mázcaras da Xironda, os Peliqueiros de Campobecerros, o Touro e o Xigante de Celavente-O Bolo, os Troteiros de Bande ou os Vellarróns de Riós).

 

 

 

Tamén participaban os Entroidos de Samede (Paderne, A Coruña), dos Xenerais da Ulla, o Entroido Ribeirao de Santiago de Arriba e o Oso e os criados de Salcedo (A Pobra do Brollón), así como as Madamas e Galáns de Cobres e os Merdeiros de Vigo.

 

 

Así mesmo había mascaradas doutras comunidades autónomas como Asturias, Cantabria, Castela e León, Castela A Mancha, Estremadura e País Vasco, ademais de Portugal (cos Caretos de Arcas, os de Parada e os de Lazarim), así como máscaraas italianas: o Rollate e pajazn (Sappada).

A organización da mascarada contaba cun operativo de seguridade no que participaban a Policía Local de Viana do Bolo, a Garda Civil, as agrupacións de Protección Civil de Viana, Manzaneda, Petín, O Bolo, Trives e Vilariño e o GES da Veiga.

Fotos: A.R.

 

Artigos relacionados

Back to top button