En portadaÚltima hora

Xantar posiciona á enogastronomía como a gran dinamizadora dos concellos rurais

Este sábado era o día dedicado a Sober, que leva 27 anos participando nesta mostra e que invitou a rosca con viño de Amandi

 

A mostra Xantar, que se celebrará ata este domingo no recinto de Expourense na capital da provincia, afronta a súa terceira xornada, que está centrada na promoción dos produtos e as festas gastronómicas de concellos do medio rural de Galicia.

Deste feito neste sábado celebrábase o Día dedicado ao Concello de Sober que leva 27 anos ininterrompidos participando no salón e que ofrecía aos visitantes unha degustación dos seus dous produtos insignia: a rosca e o viño de Amandi.

 

 

Aínda que contúa o intenso programa de showcookings e catas comentadas, esta xornada de sábado está máis orientada xa á visita de público xeneral que se achega ao salón para coñecer novos destinos, participar nas degustacións e comer ou cear nun dos restaurantes.

Xantar, a única feira internacional especializada en turismo gastronómico de España, cumpre 27 anos promocionando a calidade dos produtos agroalimentarios e do mar, a profesionalidade do sector hostaleiro e o papel da gastronomía como un dos principais atractivos turísticos de Galicia.

 

 

Conta coa participación de 74 expositores, tres restaurantes tradicionais con menús pechados elaborados a partir de produtos autóctonos de calidade (Camiño Mozárabe-INORDE, o valdeorrés Mantesil e Quinta do Paço de Vila Real) e un Mercado Enogastronómico que reunirá unha variada oferta de tapas e petiscos para poñer en valor a calidade da hostalería ourensá.

Nesta galería de imaxes poden verse diversos momentos da mostra Xantar dende a súa apertura o xoves 19 de novembro.

Fotos: O SIL.

 

 

Back to top button