Euforia, emoción, orgulllo,… Son algunhas das sensacións que aínda teñen na Academia Bayadère Danza do Barco, trala súa participación na xornada do sábado 27 de abril nunha nova edición do ‘Vigo Porté’, o evento internacional de disciplinas de baile celebrado na cidade olívica.
E non é para menos. As bailarinas do Barco de Valdeorras competían en categoría infantil nas modalidades de urbano e musicais; e en categoría júnior en folclore, e nesta última, Candela Prada Vega lograba o 2º premio no bloque de solos, entregado por Ángel Lara.
“Foi moi emocionante e todas as compañeiras quedaron a vela, abranzárona, bicárona, choramos… estamos moi contentas”, di a profesora Nuria Reguera, destacando o trato que un ano máis lles deu o presidente do xurado, Poti.
Fotos cedidas.