Larouco acollerá o sábado 4 de maio a Festa de constitución da Unidade Pastoral (UPA) da Virxe das Ermitas. En concreto fórmana as parroquias dos concellos de A Rúa, Larouco, A Veiga, O Bolo, Viana, Vilariño, Trives e Manzaneda.
A celebración estará presidida polo bispo de Astorga, monseñor Jesús Fernández, e o seu programa comezará ás 10:30h. cun acto de acollida e presentación, ás 11h. haberá actividades para nenos, despois unha eucaristía solemne e ás 14h. unha comida fraterna.

