
Aínda quedan prazas para a viaxe programada a Santiago de Compostela dende o Concello do Barco, o domingo 2 de febreiro, para asistir a unha función do Centro Dramático Galego, dentro do seu “Programa de Mobilidade”, que busca achegar as súas producións ao público de toda Galicia ofrecendo o desprazamento de balde. A obra que poderá verse é “Nada se sabe”, do CDG en coprodución con Culturactiva Producións.
“Todos os interesados en viaxar a Santiago para ver esta peza poden inscribirse ata o día 29 de xaneiro. Hai un total de 28 prazas, e os interesados só terán que abonar o custo da entrada (5 euros), xa que o autobús é de balde”, segundo informa o Concello do Barco. Poden anotarse na Casa da Cultura do Barco.
O autobús sairá da Praza do Concelloás 13:45h. e a función terá lugar no Salón Teatro de Santiago de Compostela ás 18:00 h. O prezo da entrada á obra é de 5 euros.
