CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Airiños da Porta Falsa, son de acordeón no “Verán Cultural” de Manzaneda

 

A música constitúe un dos referentes deste “Verán Cultural” en Manzaneda. Unha mostra diso era a exitosa actuación da pasada tarde do grupo local de acordeóns “Airiños da Porta Falsa” na praza do Concello, que reunía a numerosas persoas nun ambiente festivo e moi animado.

 

 

As vindeiras citas deste “Verán Cultural” serán as XXVIII Xornadas de Folclore o xoves 10 de agosto ás 22:30 h no patio do colexio coas actuacións dos grupos de Bolivia, Haití e Ucraína. Por outra banda, o xoves 17 a partir das 20.30 na pista da piscina haberá novamente “Música e Baile Tradicional” coas actuacións das pandereteiras “A Quinchosa Oscura” e da asociacion de baile tradicional “A Pinguela” acompañadas do grupo de gaita e percusión.

Fotos e vídeos cedidos.

 

Artigos relacionados

Back to top button