En portadaGalerías de fotosÚltima hora

Alerta amarela por neve nas montañas ourensás

A neve que aparecía na madrugada do 5 de marzo nas montañas ourensás e lucenses manterase ata as 00h. do mércores día 7 “con acumulacións superiores aos 5 cm en 24h”, segundo Meteogalicia. Nesta galería pode verse a paisaxe branca de zonas do oriente ourensán como o alto do Covelo ou A Gudiña.

Meteogalicia tamén dá un aviso de nivel amarelo por neve nas montañas do oriente ourensán para a xornada do 6 de marzo. “A cota de neve descenderá por debaixo dos 1000 metros e as acumulacións serán significativas nas zonas de montaña”, sinala este organismo.

Fotos: Carlos G. Hervella.

 

Galería de fotos das nevadas en Viana do Bolo:

https://osil.info/as-nevadas-tinguen-de-branco-paisaxe-de-viana-bolo/

Artigos relacionados

Back to top button