ConcellosÚltima hora

Alerta laranxa mañá en Valdeorras, onde se esperan refachos de máis de 100 km/h

Fonte: Aemet.

 

Espérase un episodio adverso por vento a partir da mañá, 4 de novembro, e acadará refachos de máis de 100 quilómetros por hora na zona de Valdeorras , provincia da Coruña, na Mariña lucense, e no interior de Pontevedra. No resto da comunidade o aviso será de nivel amarelo por rachas de ata 80 quilómetros por hora. Neste senso, a Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) ten activada unha alerta laranxa para a comarca de Valdeorras por vento e outra amarela por chuvias.

Por este motivo, e co fin de garantir a seguridade dos bens e as persoas, a Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, a través do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, informou da situación aos concellos da provincias afectadas; deputacións, servizos provinciais e agrupacións de voluntarios de Protección Civil e aos clubs náuticos, entre outros.

Ante os fortes ventos e a chuvia recoméndase circular con precaución e informarse antes do estado das estradas, evitar pasar preto de árbores, paneis publicitarios, andamios e obxectos que poidan ser derrubados polo vento, non atravesar zonas inundadas ou que poidan chegar a asolagarse, non aparcar nas ribeiras dos ríos, non utilizar vehículos lixeiros nin de pouca estabilidade e retirar todos os obxectos que poidan caer á rúa desde tellados, balcóns e ventás

Aconséllase consultar a páxina web do CIAE 112 (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e con ligazóns de interese.

Artigos relacionados

Back to top button