Dentro da xornada lectiva deste 2 de decembro o alumnado de segundo de primaria do CEIP Otero Pedrayo de Viloira (O Barco) realizaba unha actividade especial: visitaba a oficial de Correos na vila barquense.

Tras escribir unha carta, dirixida a unha compañeira que neste curso está noutro centro de ensino en León, dirixíanse, acompañados de dous profesores, a Correos do Barco para entregarlla en man ao persoal da oficina para que a puxeran en circulación rumbo a León.
Fotos: O SIL.