OurenseÚltima hora

Alumnado do CIFP A Farixa de Ourense busca protagonista para a rodaxe da curtametraxe ‘Cruel’

 

Un grupo de alumnos e alumnas do último curso do ciclo superior de Produción de Audiovisuais e Espectáculos do CIFP A Farixa de Ourense, organizou un cásting para elixir ao actor protagonista da curtametraxe Cruel, que se rodará durante as primeiras semanas do mes de febreiro. As probas de selección levarán a cabo o vindeiro martes 14 de xaneiro, en horario de 10 a 12 e de 16 a 18 horas, co café cultural Auriense como escenario.

Para a rodaxe deste proxecto audiovisual, os estudantes buscan a un actor de entre 25 e 35 anos que interpretará a Dante, un mozo que loita contra unha grave depresión. Tal e como explica o alumno do centro e produtor da obra, Pablo Oliveira, “trátase dun papel cargado de intensidade emocional”.

Os interesados en participar poden inscribirse de dúas formas: enchendo un formulario dispoñible no perfil de Instagram do proxecto, @cruel_filme, ou enviando un vídeo á dirección de correo electrónico dionysiacusproductions@gmail.com. O casting está na súa recta final, e os seleccionados recibirán, nos próximos días, instrucións detalladas sobre como proceder.

Back to top button