ConcellosManzanedaÚltima hora

Amarelante, cooperativa que promove dende Manzaneda a produción sostible de castaña

Ten no mercado tres liñas de produtos que permiten superar a estacionalidade da castaña: o froito seco, bicas de castaña e fariña

 

A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, e o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Gabriel Alén, visitaron hoxe as dependencias da cooperativa Amarelante, que desde Manzaneda promove a produción sostible de castaña e emprega o sistema tradicional de secado para o seu consumo fóra de temporada. A conselleira lembrou que esta entidade foi beneficiaria do Bono Consolida Economía Social e anunciou que o seu departamento seguirá a convocalo este ano cunha dotación de 2,7M€ para mellorar a competitividade das entidades de economía social.

As axudas do Bono Consolida, especificou Lorenzana no encontro de hoxe, inciden na transformación dixital e na mellora da eficiencia enerxética das cooperativas e outras iniciativas de economía social, contribuíndo ao impulso da súa actividade económica e da súa competitividade.

Tal e como destacou a conselleira, proxectos como Amarelante favorecen a dinamización da economía de proximidade. Neste caso, o valor resulta inda maior, indicou, ao avogarse pola recuperación de castiñeiras abandonadas, dándolles valor engadido a través de produtos elaborados.

A cooperativa de Manzaneda ten no mercado na actualidade tres liñas de produtos que permiten superar a estacionalidade da castaña: o froito seco, bicas de castaña e fariña.

Lorenzana quixo destacar a vocación ecolóxica desta firma que está a poñer en produción castaños que levaban anos abandonados e que coa súa revitalización contribúen tamén a preservar o monte dos incendios forestais.

Amarelante foi merecedora do Premio ao Cooperativismo que concede a Xunta de Galicia cada ano na súa edición de 2015. Tamén a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) outorgoulle o recoñecemento como proxecto que loita contra o abandono de avoga pola mobilidade de terras.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button