CulturaCulturaÚltima hora

Amelia Tiganus, sobrevivinte da trata de mulleres, fala en Trives sobre mocidade, internet e violencia sexual

Cedida.

 

O Auditorio Julio Vázquez de A Pobra de Trives acollía este mércores, 19 de marzo, a conferencia «Xuventude, internet e violencia sexual; quen gana?», impartida pola activista e escritora Amelia Tiganus. O evento, organizado no marco das actividades do 8-M polos Concellos de A Pobra de Trives e San Xoán de Río, congregaba a un público numeroso que enchía o auditorio.

Amelia Tiganus, sobrevivente da trata de mulleres e referente na loita contra a explotación sexual e a violencia de xénero, abordou temas como a influencia de internet e as redes sociais na normalización da violencia sexual, a industria global da explotación e a necesidade de promover unha sexualidade saudable e libre de violencia. A súa intervención, que combinou teoría feminista, análise legal e a súa propia experiencia persoal, foi recibida con grande interese polo público asistente.

Ademais, os asistentes tiveron a oportunidade de que a propia Amelia Tiganus, autora de La revuelta de las Putas, de víctima a activista, lles asinase os libros.

“A alta participación nesta conferencia reflicte o interese da cidadanía por temas de máxima actualidade e a importancia de seguir a traballar na prevención e erradicación da violencia sexual”, din dende os concellos organizadores.

 

Artigos relacionados

Back to top button