Eleccións Xerais 2023PolíticaÚltima hora

Ana Vázquez, cabeza de lista do PP por Ourense ao Congreso no 23X

Ana Belén Vázquez, encabezará a lista do PP por Ourense ao Congreso.

 

O PP vén de dar a coñecer os nomes dos números 1 das listas deste partido por cada unha das provincias ao Congreso no decurso dun encontro celebrado esta mañá en Aranxuez. Este congreso estivo encabezado polo presidente Alberto Núñez Feijóo e a el asistiron os cabeza de lista pola Coruña (Miguel Tellado), Lugo (Francisco Conde), Pontevedra (Ana Pastor) e Ourense (Ana Vázquez).

Núñez Feijóo aseguraba nesta xuntanza que a elaboración das listas “fíxose coas mans libres” e dicíalles aos cabezas de lista que, “a partir do 23X, vades representar non a un partido, senón a todos os españois”.

 

Cabezas de lista do PP ao Congreso das diferentes provincias con Feijóo./ Cedida.

Artigos relacionados

Back to top button