DeportesÚltima hora

Andaina, BTT e cross en Trives

Este Concello organiza estas probas deportivas na xornada do domingo 4 de outubro
Saída da proba de BTT en Trives na pasada edición./ Foto: Ricardo Vieites.
Saída da proba de BTT en Trives na pasada edición./ Foto: Ricardo Vieites.

Dende a Concellería de Deportes organizan a IV edición da andaina, a II ruta BTT e o I cross para o vindeiro domingo 4 de outubro a partires das 9h. Unha mañá na que tanto deportistas como afeccionados “poderán descubrir máxicos recunchos do noso concello nunha das estacións máis fermosas para a práctica do sendeirismo, disfrutar das paisaxes outonais e vistas panorámicas conxugadas coa práctica de hábitos saudables”, convidan dende a organización.

Cartaz da proba.
Cartaz da proba.

Tanto a andaina como o cross disputaranse sobre un percorrido de 18 quilómetros aproximadamente, comezando na Finca da Barreira cara Castro, tomando logo dirección á Somoza, continuando cara Sobrado para rematar de novo en Trives. Con respecto aos premios, a proba de cross conta con trofeos para os tres primeiros tanto na categoría feminina como masculina, tal como adiantan dende o Concello.

Trazado andaina e cross./ Fonte: Concello de Trives.
Trazado andaina e cross./ Fonte: Concello de Trives.

O percorrido para a proba de BTT de aproximadamente 36 quilómetros, tamén comezará na Finca da Barreira collendo dirección a Castro, A Somoza e Penapetada ata chegar á Serra da Escrita, dende onde se pode disfrutar dunhas espectaculares vistas. A partires de aí comenzará o descenso cara Sobrado por bosques lexendarios e soutos, continuando a ruta dirección Mendoia e San Fiz ata rematar unha vez máis na Pobra de Trives.

Trazado BTT./ Fonte: Concello de Trives.
Trazado BTT./ Fonte: Concello de Trives.

Tal como avanzan dende a organización, as inscricións fanse na Oficina de Turismo de A Pobra de Trives, na tenda de Deportes Matías tamén na vila ou nas tendas deportivas Tri-Sport da Rúa e do Barco, tendo ata o 1 de outubro como data límite. O roteiro ten un prezo de 10 euros e inclúe a camiseta, 4 avituallamentos e a comida. Tamén haberá sorteo de agasallos.

Máis información na edición en papel do Periódico O SIL.

Artigos relacionados

Back to top button