ConcellosÚltima hora

Andaina solidaria a favor de Ucraína pola Via Nova, en Trives o 21 de maio

 

Co nome de “Rosalía” e baixo a coordinación da catedrática da Área de Personalidade, Avaliación e Tratamento Psicolóxico da Universidade de Vigo, María Lameiras, a finais de marzo púxose en marcha unha iniciativa voluntaria e altruísta de acompañamento e apoio psicolóxico a mulleres ucraínas e aos seus fillos e fillas. No marco deste proxecto e coa “colaboración solidaria e imprescindible” de Xeitura, o Concello de A Pobra de Trives e a asociación SOS Ternópil Galitzia, este sábado organízase unha andaina solidaria por Ucraína na contorna de Trives.

A primeira fase deste proxecto “foi a intervención de crise” a seguinte é “contribuír á integración e empregabilidade das mulleres ucraínas para que poidan vivir de forma autónoma e nas condicións que consideren mellor”, indica María Lameiras. Trátase de “traballar en favor do benestar, estimulando a autonomía e a empregabilidade, o camiño para calquera persoa, e a integración”. Esta integración, sinala a catedrática, “implica confraternizar, coñecer xente, convivir, compartir” e nese marco nace esta andaina solidaria.

 

 

A ruta, organizada por Xeitura, será un percorrido 10,5 quilómetros de dificultade media/baixa que pasará polos sequeiros e parte da Vía Nova, seguindo o traxecto Tives, Avós e Pena Folenche. Poden apuntarse a ela todas as persoas que o desexen a partir de 8 anos de idade. Ao finalizar haberá unha comida de confraternización con produtos típicos da zona achegados polo Concello de A Pobra de Trives e de Ucraína, elaborados polas mulleres refuxiadas. Ademais, haberá actividades específicas para nenas e nenos, como talleres de pintura e pintura corporal.

As persoas interesadas poden inscribirse na web www.celtiatravel.com. O importe da inscrición e de 10 euros que serán entregados ás mulleres ucraínas. Tamén se pode colaborar sen asistir á andaina abonando o importe da inscrición.

Artigos relacionados

Back to top button