Deportes

Andaina solidaria contra o cancro infantil, este domingo en Vilamarín

O evento buscará recadar fondos para a Asociación NEN e apoiar a un neno ourensán que padece neuroblastoma
Marina Rodríguez, Amador Vázquez, Juan Anta e Marcos Vázquez.
Marina Rodríguez, Amador Vázquez, Juan Anta e Marcos Vázquez.

O Concello de Vilamarín acollerá o vindeiro domingo unha andaina solidaria contra o cancro infantil que ten como obxectivo recadar fondos para a Asociación NEN e axudar a Nico, un neno ourensán de dous anos que padece neuroblastoma. O evento foi presentado esta mañá na Deputación Provincial -ente colaborador- e no acto estiveron presentes o deputado provincial de Deportes, Juan Anta, o alcalde de Vilamarín, Amador Vázquez, e os concelleiros deste municipio Marina Rodríguez e Marcos Vázquez.

O 100% da recadación da andaina irá destinado á Asociación NEN mediante a adquisición de dorsais. Para os participantes adultos terá un coste de cinco euros, mentres que para os nenos será de tres euros. A proba terá saída no Pazo de Vilamarín, ás 10 horas, e percorrerá un treito de 11 km. Tamén haberá actividades infantís, con inchables e xogos.

Tamén se habilitou unha “fila cero” na conta da Asociación NEN para quen estea interesado en facer máis achegas económicas.

Artigos relacionados

Back to top button