
O vindeiro sábado 10 de novembro o Concello de Manzaneda organizará a Andaina “Terra da Castaña, Ribeira da Montaña” en solidariedade coas vítima da DANA. O punto de encontro dos participantes será a praza do Concello ás 11h. A partir de aí realizarase unha visita interpretada polo Ben de Interese Cultural (BIC) Vila Medieval de Manzaneda, que continuará cun paseo circular ao Monumento Natural do Souto de Rozabales, con regreso a Manzaneda ás 14.00 horas.
“Dende as 14.00 horas ate as 16:00 deixaremos tempo libre para que os asistentes podan comer de picnic e/ou en calquera dos dous establecementos de restauración de Manzaneda: cafetería Nevada ou Hostal Restaurante O Pendón. E ás 16:00 volveremos a encontrarnos na praza do concello para realizar o paseo circular interpretado de 3,50 km dende a Vila de Manzaneda a zona de viñedos de Seoane con panorámicas as viñas en socalcos do Val do Bibei e da Ladeira de A Mata. A hora estimada de regreso deste paseo ambiental será ás 17:30 horas”, tal e como informan dende o Concello.
O donativo para a inscrición é de 10 €/participante, que se recollerá por cada persoa inscrita ao inicio da andaina. O concello de Manzaneda aportará a mesma cantidade económica que se consiga reacudar coas aportacións das e dos participantes.
A inscrición poderase ata o sábado 9 de novembro como data tope enviando un mail a manzaneda.rural@gmail.com relacionando o nome, apelidos e DNI das persoas interesadas en participar ou poden chamar ao teléfono do concello de Manzaneda 988333043 en horario de 8:30 a 14:00 horas.

“As persoas tamén poden adaptar libremente os paseos interpretados que queiran realizar, podendo realizar o paseo da mañá e da tarde ou no caso que prefiran realizar realizar só o paseo da maña ou só o da tarde. Do mesmo xeito se queren hospedarxe no noso concello, lembramos que se dispón de albergue municipal por un prezo de 7€/ persoa día; así como do aloxamento establecemento de turismo rural Pazo da Pena e Hostal-Restaurante o Pendón”, indican dende o Concello de Manzaneda.