Concellos

Animada sesión vermú en Veigamuíños (O Barco) polo Santo Tirso

 

Despois da procesión coa imaxe de Santo Tirso por Veigamuíños (O Barco) e da misa, a veciñanza desta localidade celebraba unha animada sesión vermú arredor das dúas, animada pola orquestra Escaparate. Non faltaban tampouco os inchables para os máis pequenos.

Escaparate tamén amenizará o baile en sesión de tarde e verbena, rematando xa de madrugada con Dj Argü.

 

O domingo a sesión vermú correrá a cargo da orquestra Alma Latina, que tamén amenizará a sesión de tarde. Ese día pola tarde tamén haberá colchonetas gratis para os nenos na mesma carpa da festa.

Fotos cedidas.

https://youtube.com/shorts/lJb78A0gebY?feature=share

https://youtube.com/shorts/TViejpPG3Vg?feature=share

Artigos relacionados

Back to top button