DeportesÚltima hora

Antía Guntiñas e Dylan Castillo sóbense ao podio no Gran Premio de Marcha en Castro Urdiales (Cantabria)

 

Con dous podios remataba a participación valdeorresa no VIII Gran Premio de marcha en ruta Cidade de Castro Urdiales (Cantabria), que se celebraba no marco do Campionato de España de marcha en ruta de promoción, neste 8 de decembro.

Así, Antía Guntiñas proclamábase subcampioa en Sub10 feminino 1 km, mentres que Dylan Castillo era terceiro en Sub10 masculino. Tamén participaban nesta competición Asier Guntiñas, que quedaba décimo na proba de 2 km Sub12 e Martina Guitián, que era oitava nesa mesma categoría, pero en feminino.

“A experiencia foi moi bonita e interesante, os atletas puideron competir con deportistas doutras partes de España e os resultados foron moi bos, con dous podio”, indicaba Agustín González “Tinín”.

Fotos cedidas.

Back to top button