
É unha novela de fronteira que pon o foco nos monxes da Real Abadía de San Martín de Castañeda (Sanabria, Zamora). en “El monje errante”, o profesor e investigador António Pinelo Tiza, natural de Varge (Bragança, Portugal), retrocede no tempo para viaxar ata a o século XIV nunha interesante historia de ficción, protagonizada polo xove frei Jorge de Várzea e polo prior frei Andrés Jiménez de Vigo de Sanabria, que se desenvolve entre Sanabria, Bragança, Vinhais e Galicia.
Esta obra, na súa tradución ao español, presentarase o vindeiro 19 de maio ás 19h. no antigo Cárcere de Lugo, nun acto que contará coa presenza de António Pinelo Tiza, que será presentado pola fotógrafa Mercedes Saavedra.
