O Concello da Pobra de Trives vén de anunciar que mañá, 1 de xullo, procederase á apertura das piscinas municipais, “unha vez efectuado o acondicionamento das mesmas. As instalacións foron revisadas e adaptadas á actual normativa e recomendacións sanitarias anti Covid-19”, tal e como sinalan dende o grupo de goberno municipal.
Estas instalacións terán un horario de apertura de 12h.a 20h, de luns a domingo.
Dende o Concello de Trives tamén se indica que os usuarios “deberán cumprir tamén as normativas en materia sanitaria co uso de mascarilla de non cumprir a distancia de mínimo 1,5 m en caso de non conviventes, hixiene, etc…”.