ConcellosQuirogaÚltima hora

Aprobada a organización do novo equipo de goberno de Quiroga

Sesión plenaria en Quiroga./ Cedida.

 

A recentemente conformada corporación municipal celebrou esta semana unha sesión plenaria extraordinaria para aprobar a súa organización. A orde do día comezaba coa constitución dos Grupos Políticos da Corporación Municipal e a súa dotación económica, que mantén as cantidades fixadas no orzamento municipal: unha cantidade fixa de 3.000 € anuais por grupo e unha cantidade variable de 180 € mensuais por concelleiro.

Fixouse a periodicidade das sesións ordinarias do Pleno da Corporación que será cada dous meses, o último venres de cada mes para as 13:00h. Creouse a Comisión Informativa Especial de Contas, que actuará ademais como Comisión Informativa de Facenda e que estará presidida polo alcalde e composta por 2 concelleiros do PP, 1 de IXQ, 1 do PSOE e 1 do BNG.

Os seguintes puntos da orde do día centraranse na relación de cargos electos con dedicación atribuída e o réxime de asistencias e indemnizacións a favor dos membros da corporación, así como os representantes do concello nos órganos colexiados; propostas todas elas pola Alcaldía. As contías fixadas por asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno, Comisión Informativas e Comisión de Delegados quedaron fixadas en 150 € por cada unha delas.

Aprobouse unha dedicación parcial para a Concellería do Medio Rural, Medio Ambiente, Emerxencias e Xuventude de 25 horas semanais retribuídas con 1.193’90 € netos.
O

derradeiro punto da orde do día da sesión plenaria era dar conta dos decretos da alcaldía relativos ao nomeamento de Tenentes de Alcalde, dos membros da Xunta de Goberno Local e as Delegacións por áreas e servizos. Así, mediante Decreto da Alcaldía nomeáronse como

1º Tenente de Alcalde: Vicente Parra Vizcaíno
2º Tenente de Alcalde: Xosé Manuel Fernández Montes
3º Tenente de Alcalde: Luis Manuel Arias González.

Os tres formarán parte da Xunta de Goberno Local, que presidida polo alcalde, José Luís Rivera Castro, celebrará a súa sesión constitutiva mañá venres, tendo unha periodicidade semanal.
A sesión plenaria remataba co nomeamento das delegacións:
* Educación, Infancia, Igualdade e Comunicación, para María Teresa Pérez Grao
* Emprego, Deportes e Piscinas para Antonio Marcos Prieto
* Medio Rural, Medio Ambiente, Emerxencias e Xuventurde, para Luis Manuel Arias González
* Urbanismo, Obras e Servizos Básicos, Cultura, Festexos, Eventos e GDR para José Luís Rivera Castro.
* Turismo, Comercio, Promoción Económica, Emprendemento, Xeoparque e Ribeira Sacra, para Vicente Parra Vizcaíno
* E Servizos Sociais, Centro de Día, Centro Social, Centro de Atención Temperá, Participación Cidadán e Dinamización Lingüística, para Xosé Manuel Fernández Montes.

Artigos relacionados

Back to top button