ConcellosÚltima hora

Aprobado definitivamente o trazado para ampliar carrís na N-120 entre Ourense e Nogueira de Ramuín

Implantaranse 4,22 km de carrís adicionais entre os km 548,800 e 564,00, cun orzamento de 5,8 millóns de euros (IVE incluído)

 

O Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible vén de aprobar o expediente de información pública e definitivamente o proxecto de trazado para a mellora da seguridade viaria na estrada N-120, coa implantación de 4,22 quilómetros de carrís adicionais entre os km 548,800 e 564,000, na provincia de Ourense, cun orzamento de obra de 5,8 millóns de euros (IVE incluído).

Tras esta aprobación, o ministerio continúa coa redacción do proxecto de construción onde se define a actuación co grao de detalle necesario para facer factible a súa construción e explotación, segundo normativa vixente. Unha vez se aprobe e o proxecto de construción, procederase á licitación das obras.
Os traballos incluídos consisten no acondicionamento de interseccións e na implantación de carrís adicionais en tres tramos entre os km citados da N-120, situados no Pereiro de Aguiar e Nogueira de Ramuín.

As interseccións nas que se propón actuar para a mellora da seguridade viaria son dúas coa estrada N-120A:
– Km 550,8: intersección en “T” canalizada sen carril central de espera. Permite os catro movementos (xiros a esquerdas), presentando cuñas “reducidas” de cambio de velocidade.

– Km 558,2: intersección en “T” canalizada sen carril central de espera. Permite tres movementos (non permite o xiro a esquerdas desde a N-120 sentido Ourense), presentando cuñas “reducidas” de cambio de velocidade.

 

 

Para a súa mellora, proponse manter a súa tipoloxía de intersección en “T” canalizada, pero incluíndo carril central de espera e dispoñendo cuñas de cambio de velocidade coa lonxitude adecuada.

No tramo obxecto do proxecto, unicamente permítese o adiantamento nos dous últimos quilómetros próximos a Ourense (desde aproximadamente o km 562,1), dispoñendo dobre liña continua no resto do tramo da estrada. Para solucionar este aspecto, mellorando ademais o nivel de servizo, exponse a execución de carrís adicionais para permitir o adiantamento. Os tramos propostos son os seguintes:

TRAMO 1: km 551,220 ao 552,950 sentido Ourense.
TRAMO 2: km 556,280 ao 557,410 sentido Monforte.
TRAMO 3: km 559,740 ao 561,170 sentido Ourense.

Artigos relacionados

Back to top button