CulturaCulturaÚltima hora

“Aquietar a mente”, tema do novo Faladoiro do Centro Social de Quiroga

 

María Teresa Taboada será a protagonista do vindeiro Faladoiro no Centro Social de Quiroga, o 30 de abril ás 18h., coa temática “Aquitar a mente”. É de familia quiroguesa pero ela naceu, criouse e viviu en Madrid, onde se dedicou ao mundo empresarial.

Na cincuentena decide volver ao lugar das súas orixes buscando unha mellor calidade de vida e contacto coa natureza. Dende o ano 2018 rexenta “Espazo Sacro”, onde imparte clases de ioga e sanación a través da Terapia Caneosacral.

O concelleiro de Servizos Sociais, Xosé Manuel Fernández Montes, encargarase de dirixir e moderar este novo encontro que se desenvolverá o mércores día 30, ás seis da tarde, na Biblioteca do Centro Social.

O Faladoiro é unha actividade que promove o Concello de Quiroga dende a Concellería de Servizos Sociais e Participación Cidadá que busca crear un espazo de socialización e de coñecemento. Partindo dun tema a tratar e dunha persoa convidada, os asistentes poden intervir para coñecer máis á relatora ou relator, para aprender, e incluso para compartir as súas propias experiencias.

Back to top button