ConcellosÚltima hora

Arde unha casa e un anexo doutra a pasada noite en Vilariño (O Barco)

 

Arredor das 23:30h. da pasada noite do 5 de xaneiro producíase un incendio urbano na localidade de Vilariño (O Barco). Como consecuencia do mesmo ardía unha casa habitada e un anexo de outra. Ata o lugar desprazábanse de inmediato o Grupo de Emerxencias Supramunicipal (GES) Valdeorras, cun único efectivo; e os bombeiros do parque comarcal (cuxo vehículo non puido acceder ao punto polas características do lugar), así como a Policía Local.

Afortunadamente, segundo as primeiras informacións, non houbo que lamentar danos persoais, xa que as persoas que estaban no interior da casa puideron saír. O operativo de extinción quedaba pechado contra as seis da madrugada.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button