OurenseÚltima hora

Arde unha vivenda en obras en Pedroso (Riós)

 

Unha vivenda do municipio de Riós ardía esta madrugada. O lume afectou á totalidade do inmoble, unha casa de dúas alturas que se atopaba en obras, colapsando tanto a cuberta coma o piso.

“Un particular alertou ao 112 Galicia contra as 3:00 horas desta noite, indicando que, naquel intre, xa caera o teito da vivenda, situada no lugar de Pedroso (Riós), e que non había ninguén no seu interior. Desde o 112 deuse aviso aos Bombeiros de Verín, ao GES da Gudiña e á Garda Civil, informándose tamén a Protección Civil de Riós por se tivesen que colaborar”, segundo informan dende o 112 Galicia.

Non era ata varias horas máis tarde cando os servizos de extinción daban por controlado o incendio, “aínda que terían que continuar traballando durante toda a madrugada a fin de apagar os últimos rescaldos, rematando ao fío das 7:00 horas. Ademais, viuse afectada a maquinaria de obra almacenada no lugar”, indica o 112 Galicia.

Artigos relacionados

Back to top button