A pasada noite ardían por completo un furgón e un coche no lugar do Mazo, na parroquia de Meiraos (Folgoso do Courel), sen que ningunha persoa resultase ferida. Sucedía arredor das 02:00 horas. “Nese momento, varias persoas particulares alertaron ao 112 Galicia do incendio. Segundo indicaban, o lume tamén afectaba ao monte”, segundo informa o 112 Galicia, que, de xeito inmediato solicitaba a intervención do GES de Quiroga-Folgoso do Courel, da Garda Civil e dos medios do distrito forestal da zona.
“Segundo confirmaron os membros do GES de Quiroga-Folgoso do Courel ao 112 Galicia, arderon completamente dous vehículos, sen que chegase a afectar ao monte”, asegura o 112 Galicia.