ConcellosÚltima hora

Arranca o V Quiroga de Tapas

Ata vinte propostas diferentes poderán degustarse nesta iniciativa que se desenvolverá na vila ata o 25 de marzo
Apertura no Bar Dimar do V Quiroga de Tapas./ Foto: Concello de Quiroga.
Apertura no Bar Dimar do V Quiroga de Tapas./ Foto: Concello de Quiroga.

De forma moi animada comezaba a quinta edición do concurso Quiroga de Tapas. Arrancaba o 17 de marzo coa participación de vinte locais e prolongarase ata o vindeiro 25 de marzo. “Prevese moi animado non só polo nivel das tapas que este ano participan, senón tamén polo elevado número de persoas que xa aproveitaron para degustalas”, tal e como se destaca dende o Concello de Quiroga, promotor da iniciativa.

Onte ás 19:00h inaugurábase esta quinta edición coa presenza da concelleira de Xuventude e Turismo, Rosa Arza, acompañada de Beatriz Vila, delegada da Zona Sur da Asociación de Hostalería da Provincia de Lugo e doutros membros do grupo de goberno quirogués, entre eles o alcalde, Julio Álvarez.

Artigos relacionados

Back to top button