En portadaÚltima hora

Arrancan as Festas de Verán de Quiroga

Comezan mañá, día 8 de agosto, e prolongaránse ata o domingo

Mañá xoves día 8 de agosto arrancan as Festas de Verán de Quiroga. Catro días de festa que inclúen actividades para todos os públicos.

 

Durante a pasada edición das festas. Foto: Carlos G. Hervella

 

A Festa da Cervexa (que estará amenizada por DJ Michel) e a actuación da orquestra “Panorama” inaugurarán as festas, ás 18:30 e 23:00 horas, respectivamente. O venres 9, a partir das 18:00 horas, terá lugar o V Torneo de Street Soccer e I Torneo de Street Volei no Parque da Constitución. Así, no mesmo lugar, a partir das 21:30 horas celebrarase a Festa da Comunidade, cunha paellada e actuación do “Dúo Camelia”.

O sábado día 10, inaugurarase a XXVIII Mostra do Mel, coa actuación do grupo de gaitas “O Recanto”, polas rúas da vila. Este ano participarán oito colleiteiros de distintos puntos do Concello de Quiroga: Isabel Marcos López de Ponte Rodela, Manuel Macía González de As Estradas, Ángel Gómez Martínez de Paradapiñol, Manuel Rodríguez Fernández de Centais, Pedro Soto Losada de o Ibedo, Manuel Macía Castiñeira de Quiroga, Rubén Figueroa López de Sequeiros e Iria Carballedo González de San Vitorio.

Así, dende as 12:00 horas ata as 15:00 horas, en horario de maña e dende as 20:00h ata as 22:00h en horario de tarde; terá lugar diante do Auditorio Municipal, o espectáculo infantil de maxia “Petit Caravane” a cargo de Animatiun.

Xa o domingo, ás 12:30 horas será a alborada, a cargo da Banda de Música de Chantada; mentres que ás 13:30 horas terá lugar un concerto desta mesma agrupación diante do Concello. Ás 19:00 horas, na Praza de España, terá lugar o Concurso Pinta Con Xiz no Chan para nenos e nenas e tamén a entrega de premios do Certame de Debuxo Infantil, organizado pola área de educación e infancia.

Así, ás 20:00 horas, celebrarase pola Rúa Real o espectáculo de animación  “O Folión Zampón”, a cargo de Fantoches Baj. As actuacións da orquestra Nazaret e do grupo Limón pecharán estas Festas de Verán.

Artigos relacionados

Back to top button