Están pensadas tanto para nenos como para adultos, para que podan descubrir dun xeito ameno e interactivo o proceso da poda da vide. As xornadas “A arte da poda”son unha iniciativa que promoverá ata finais de febreiro a empresa valdeorresa Enoturismo Galicia en denominacións de orixe ourensás. “É unha arte que queremos compartir, onde se pode aprender cómo esta actividade manuala dá, como resultado, o froito da vide coas características desexadas pola adega”, explican dende Enoturismo Galicia.
A actividade será a pé de viñedo, onde se explicarán as características de cada variedade, xunto coa explicación da poda (que cortar, número de xemas que se deben deixar, etc.) e dos seus beneficios para a planta. Tamén se podará, xunto co técnico ou responsable da adega.
Despois farase unha visita á adega, para coñecer in situo os procesos de vinificación e catar os seus viños. A xornada concluirá cunha degustación de produtos típicos, maridados cos viños da adega.
Para máis información:
http://www.enoturismogalicia.es/es/rutas/talleres-de-poda-70
Fotos: Enoturismo Galicia.