
Máis de cincuenta músicos participarán nun concerto único que terá lugar o vindeiro venres 6 de decembro ás 19:00h no Teatro Lauro Olmo coa colaboración do Concello do Barco. O evento fusionará músicas de diversos estilos, participando dende músicos da asociación AMAVA ou alumnas e alumnos do conservatorio e escola de música do Barco, ata cantautores como Sito, Carlos Cañas ou Sr. Jingles, entre outros, e estará presentado por Guti González.

O acceso ao acto será a cambio dunha entrada/donativo de 10 euros. Tamén está dispoñible por 5€ un donativo de fila cero para as persoas que queiran colaborar e non poidan asistir ó acto. As entradas poderán adquirirse a partir do luns 18 de novembro en Ton y Son, ou media hora antes na billeteira do teatro o día do evento.
Tamén estarán dispoñibles a partir do mesmo luns de maneira online en www.silfestvaldeorras.com/valdeorrasporvalencia . Esta compra online non terá ningún gasto de xestión grazas a colaboración da ticketera Wegow.
“Artistas, técnicos, e todo o persoal da organización participan de forma totalmente desinteresada neste acto. A recadación irá destinada aos damnificados pola DANA a través da Fundación Horta Sud. Fundación Horta Sud con máis de 50 anos de experiencia, garantirá a distribución equitativa dos fondos para as persoas máis afectadas polo devastador paso da DANA por Valencia”, segundo os promotores da iniciativa.