EconomíaEconomíaÚltima hora

As axudas da PAC no agro galego, analizadas nunha xornada en Trives

 

Esta mañá o director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, presidía na Pobra de Trives unha xornada informativa sobre o papel que teñen as subvencións da Política Agraria Común (PAC) para contribuír ao futuro do agro galego.

Neste senso, o director xeral destacou que estas axudas benefician anualmente en Galicia uns 25.000 agricultores e gandeiros, buscando reducir as diferenzas entre a renda agraria e a urbana, á vez que se potencian os agricultores realmente activos e prácticas agrícolas beneficiosas para o clima e o medio ambiente.

Así, lembrou que na convocatoria de 2022, cuxo orzamento total destas achegas foi duns 210 millóns de euros, a Xunta volveu habilitar a posibilidade de solicitar anticipos destas achegas, con custo cero para eles grazas á subvención dos xuros.

A xornada desenvolvíase no Hostal Restaurante La Viuda.

 

Artigos relacionados

Back to top button