CulturaCulturaMúsicaÚltima hora

As clases de canto de AMAVA retomaranse despois do verán

 

“Cando se está terminando unha actuación adoitamos dicir que todo na vida ten un final, pero nesta ocasión só é un ata pronto”, aseguran dende AMAVA que vén de pechar o ciclo dos exitosos talleres de cando que retomarán despois do verán para seguir aprendendo e desfrutando da música con María Menéndez que na pasada fin de semana impartía a última clase da tempada.

“Hai que ir pensando en reservar praza para o próximo curso porque se aveciñan importantes novidades e sorpresas”, anuncian dende AMAVA, destacando que sobre todo haberá “bo humor e moito que aprender”. As prazas son limitadas por iso os interesados deben ir pensado en contactar e non deixar pasar esta  oportunidade que brindan dende a Asociación de Música Alternativa de Valdeorras.

Fotos cedidas.

Back to top button