ConcellosÚltima hora

As comarcas do Carballiño e do Ribeiro, en imaxes

Preséntase unha guía fotográfica promovida polo GDR9 e que reúne instantáneas de O Potiños
Participantes no acto, coa guía.
Participantes no acto, coa guía.

A guía fotográfica “Carballiño – O Ribeiro. Baixo outra mirada” vén de presentarse na mañá do 18 de xuño no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación ourensá. Esta guía, promovida pola Grupo de Desenvolvemento Rural Carballiño-O Ribeiro (GDR9), está composta por fotografías feitas polos membros da Asociación fotográfica carballinesa “O Potiños”.

Os membros desta asociación cederon unhas mil fotografías para que dende o GDR9 escolleran as que máis se axustaban aos seus parámetros no intento de ofrecer unha nova visión do entorno paisaxístico das comarcas do Carballiño e O Ribeiro. O acto de presentación contaba coa presenza do subdirector de Agader, Javier Blanco; do presidente do GDR9 Carballiño-O Ribeiro e alcalde de Leiro, Francisco José Fernández; o presidente da Asociación Fotográfica “O Potiños”, Manuel Blanco e do delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez.

Un dos momentos da presentación.
Un dos momentos da presentación.

Artigos relacionados

Back to top button